En xullo de 2014 ocorreu un apagón no sur de Galicia. Dos que se deixan sentir. A luz do Club Deportivo Ourense, equipo histórico da cidade, fundado en 1952, esmorecía ao entrar en fase de liquidación. Pasaba a converterse noutra Sociedade Anónima Deportiva que engrosaba un camposanto estatal no que choran afeccións orfas.
Texto: Denís Iglesias
Fotografía: Zélia García
Unha débeda de máis de 2,5 millóns de euros, pagos pendentes de máis de 160.000 euros con antigos xogadores, e o incumprimento do concurso de acredores de 2006 condenaron un equipo que botou 13 tempadas en Segunda e que a piques estivo de eliminar ao FC Barcelona da Copa do Rei no 2000. Méritos xordos.
De entre as tebras xurdiu unha alternativa para non deixar sen fútbol o ourensanismo. A Plataforma SOS Ourense, que convocara manifestacións e presentara alternativas para evitar a desaparición, inscribía o 4 de xullo de 2014 a Unión Deportiva Ourense. A finais dese verán comezaba a competir. Facíao no chanzo
Leer más